ASUNCIÓN

Asunción é unha curtametraxe dirixida por Andrea Varela e producida no Taller do Cemac Celanova Plató de ficción. A historia narra a relación entre Asunción, unha señora viuva que vive soa, e Aaron, un mozo de 23 anos que quere ser youtuber, quen ten que sustituir á súa nai coidando de Asunción. A diferencia xeracional servirá para colocar as sementes dunha relación de amizade e a realización dos soños non cumpridos.

Xénero: curtametraxe. Duración: 19 min. Ano: 2021 Institución: Agadic, Fund. Carlos Casares, Deputación de Ourense, Univ. de Vigo. Función: Produción executiva.