Lobelia foi a curta desenvolvida no 14º Taller do Cemac, Celanova plató de ficción.
Entre o 8 e o 13 de novembro un equipo de 22 persoas, ca dirección de Laura Barriga e a produción de Marcos Seijo e Gabriela García, rodamos esta curta de xénero romántico nas localidades de Celanova e Ourense. Foron 6 días de moito traballo cun gran equipo técnico e actoral, e sobre todo moi boa xente.
Xénero: curtametraxe romántica. Duración:15 min. Ano: 2024 Institución: Universidade de Vigo. AGADIC, Fund. Carlos Casares. Función: produción executiva.