WALKING TOGETHER IN INNOVATION

 “Walking together in innovation” foi 4º finalista no concurso internacional de vídeos organizado pola World Intellectual Property Organization (WIPO). O vídeo está financiado polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, e protagonizado pola investigadora Loretta de Chiara, e inventora dun método non invasivo para o diagnóstico do cancro colorrectal. Ela é a protagonista da nosa proposta no certame de vídeos internacional organizado pola WIPO para conmemorar o Día Mundial da Propiedade Intelectual (26 de abril), que este ano se celebrou baixo o lema "As mulleres e a Propiedade Intelectual: Acelerando a innovación e a creatividade". Acompañáronme nestre traballo Noel Queipo na produción e David Hernándeze Adarme Audiovisual na dirección de fotografía.

 

Xénero: microrrelato. Duración: 1,30 min. Ano: 2023 Institución: CINBIO, Univ. de Vigo. Función: Dirección.