CRÓNICA DUN RECORDO


 

 
Crónica dun recordo é a curtametraxe producida no 12º Taller do Cemac, Celanova plató de ficción en outubro de 2022 co apoio de Agadic, a Fundación Carlos Casares e a Facultade de Comunicación da Uvigo.

Dirixida por Zahira Teijelo. Rebeca ten unha nova compañeira na casa onde vive, situada nun pobo ourensán no que adícase a escribir o seu libro sobre sexualidade nos pobos. Sonia, a súa nova inquilina, ten un vago recordo do seu pobo natal ao que volta por traballo. Quizáis este recordo da súa vida alí non é o único que a une a ese lugar.

Xénero: curtametraxe. Duración: 15 minutos Ano: 2022 Institución: Agadic, Fund. Carlos Casares, Fac Comunicación Uvigo, Deput. Ourense Función: Produción Executiva.